Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 9 de novembro de 2017 Páx. 51681

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 23 de outubro de 2017, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de artes plásticas e deseño, especialidades de Debuxo Técnico (595008) e de Deseño de Produto (595511).

Advertidos erros na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 205, do 27 de outubro de 2017, é necesario efectuar as seguintes correccións:

Nas páxinas 50041 e 50042, na especialidade Debuxo Técnico, onde di: «(595008)», debe dicir: «(595508)».

Na páxina 50042, en titulacións deben engadirse:

Na especialidade Debuxo Técnico (595508), as de «Licenciatura ou grao en Belas Artes» e a de «Grao en Enxeñaría de Deseño Industrial e Desenvolvemento do Produto».

Na especialidade Deseño de Produto (595511), as de «Licenciatura ou grao en Belas Artes», «Grao en Enxeñaría de Deseño Industrial e Desenvolvemento do Produto», «Arquitectura», «Grao en Arquitectura» e «Grao en Arquitectura Técnica».