Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 9 de novembro de 2017 Páx. 51682

IV. Oposicións e concursos

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 2017 pola que se convoca proceso selectivo para a contratación de persoal laboral interino.

Posto de traballo que se convoca: persoal laboral interino na categoría de celador/a gardapeiraos.

Tipo de contratación: o contrato de traballo revestirá a modalidade de contrato de interinidade e efectuarase a contratación con carácter temporal ata que se reincorpore ao posto de traballo o traballador substituído.

Destino: Zona Sur de Portos de Galicia (porto do Grove).

Prazo de presentación de solicitudes polos aspirantes: dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia do anuncio indicativo das bases. Así mesmo, solicitarase á Oficina de Emprego unha terna de candidatos.

Lugar onde se poden obter as bases completas do procedemento: as bases poderanse obter na oficina dos servizos centrais da entidade pública Portos de Galicia, sita no edificio de Área Central, praza de Europa, 5-A, 6º, 15707 Santiago de Compostela, e poderanse descargar no seguinte enderezo electrónico: https://transparencia.xunta.gal/tema/informacion-en-materia-de-persoal/procesos-de-provision-transitoria.

Forma e lugar de presentación de solicitudes: as solicitudes serán dirixidas á Comisión de Selección e deberán presentarse debidamente cubertas conforme o modelo de instancia que se recolle no anexo I das bases, no Rexistro Xeral da entidade pública Portos de Galicia, sito no edificio de Área Central, praza de Europa, 5-A, 6º, 15707 Santiago de Compostela, ou remitirse por correo certificado ao mesmo domicilio.

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2017

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia