Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 6 de novembro de 2017 Páx. 51133

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

ORDE do 24 de outubro de 2017 pola que se acorda a cesión en propiedade dun vehículo pulverizador á Universidade de Santiago de Compostela con destino á Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus de Lugo.

No Decreto 166/2015, do 13 de novembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural, regúlase que lle corresponden á Secretaría Xeral Técnica, a través do Servizo de Réxime Interior, as funcións relativas ao mantemento, inventariado, xestión e control dos bens inmobles e mobles adscritos á consellería.

Á USC segundo o artigo 4 do Decreto 14/2014, do 30 de xaneiro, polo que se aproban os estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, lle corresponde a creación, desenvolvemento, transmisión e crítica do coñecemento científico e técnico, de forma que se potenciará unha educación baseada nos principios democráticos, así como a preparación para o exercicio de actividades profesionais que exixan coñecementos científicos e técnicos entre outros. Na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus de Lugo, pertencente á Universidade de Santiago de Compostela, impártense, entre outras especialidades, os graos de Enxeñaría Forestal e do Medio Natural; grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria, e grao en Enxeñaría Agrícola e do Medio Rural.

Á Consellería do Medio Rural, segundo o citado Decreto 166/2015, do 13 de novembro, correspóndenlle, entre outras, as competencias de fomento das accións de mellora da produción forestal, programación e coordinación da formación agroforestal, divulgación dos resultados da investigación agraria, alimentaria e en materia agroforestal, para acadar a incorporación das innovacións tecnolóxicas aos sistemas produtivos primarios e de transformación, así como a realización de estudos, publicacións e estatísticas agroforestais, todas elas competencias estreitamente vinculadas coas ensinanzas das enxeñarías impartidas na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus de Lugo.

Segundo o artigo 82 da Lei 5/2011, do 30 de setembro, do patrimonio da Comunidade Autónoma galega, os bens da Comunidade Autónoma de Galicia poden ser cedidos gratuitamente para a realización de fins de utilidade pública ou interese social a outras administracións públicas, fundacións públicas ou entidades sen ánimo de lucro, sempre que a súa afectación ou explotación non se considerase previsible.

Para tal fin, e para que poidan ter recursos para exerceren as competencias previstas consonte o artigo 4 do Decreto 14/2014, do 30 de xaneiro, polo que se aproban os estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, a Consellería do Medio Rural tramita o expediente de cesión, de conformidade co disposto nos artigos 82 a 87 da Lei 5/2011, do 30 de setembro, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, onde se regula a cesión gratuíta de bens e dereitos.

Polo exposto, e en uso das facultades que me confire o artigo 83 da Lei 5/2011, do 30 de setembro, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, así como os artigos 34.6 e 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia.

DISPOÑO:

Artigo 1

Acórdase a cesión en propiedade á Universidade de Santiago de Compostela do vehículo pulverizador que se sinala a continuación co fin de ser destinado á realización de tarefas de ensino e prácticas segundo a programación docente de varias materias cursadas na Escola Superior de Enxeñaría do Campus de Lugo.

Matrícula

Marca

E 3754 BFG

Tecnoma Boostair 1000

Artigo 2

A cesión sinalada no artigo anterior queda sometida ás seguintes cláusulas:

1. De conformidade co establecido polo artigo 82 da Lei 5/2011, do 30 de setembro, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, o ben cedido será destinado pola universidade cesionaria a fins de utilidade pública ou de interese social, de xeito especial, a realización de tarefas de ensino e prácticas segundo a programación docente de varias materias cursadas na Escola Superior de Enxeñaría do Campus de Lugo.

2. O cesionario deberá cumprir coas obrigas da Dirección Xeral de Tráfico e realizar o trámite de cambio de titularidade do vehículo e farase cargo de todos os gastos de mantemento do vehículo e os derivados do seu uso así como dos necesarios para a reparación e posta en funcionamento de dito ben, os derivados do seguro, da inspección técnica de vehículos (ITV) e do imposto de vehículos de tracción mecánica (IVTM).

3. Tanto se os bens cedidos non se aplican aos fins sinalados, como se se descoida ou utiliza con grave quebrantamento, ou se incumpren as condicións do acordo, considerarase resolta a cesión e os bens reverterán á Comunidade Autónoma de Galicia (Consellería do Medio Rural), que terá dereito a percibir, logo da taxación pericial, o valor dos detrimentos ou deterioracións que sufra.

Así mesmo, por razóns de interese público, a Consellería do Medio Rural poderá resolver a cesión e os bens reverterán á Comunidade Autónoma de Galicia.

4. O cesionario responderá do valor do ben cedido no caso da destrución, roubo ou perda e asumirá a obriga de constituír un seguro de responsabilidade civil coa finalidade de garantir a cobertura dos danos que se poidan ocasionar, tanto ás persoas como ás propiedades, coa utilización do ben cedido.

5. Correspóndelle á consellería competente en materia de patrimonio verificar a aplicación dos bens ao fin para o que foron cedidos, e poderá adoptar para iso cantas medidas sexan necesarias segundo dispón o artigo 85 da Lei 5/2011, do 30 de setembro. Á Consellería do Medio Rural correspóndelle, se for o caso, a resolución dos expedientes de reversión.

Artigo 3

Esta cesión formalizarase mediante acta subscrita polo secretaria xeral técnica desta consellería ou funcionario en que delegue, e o xerente da universidade cesionaria, ou funcionario en que delegue, e deberá constar nela o acordo da cesión e a aceptación do cesionario.

Artigo 4

O presente acordo de cesión leva implícito a desafectación do ben que se cede, citado no artigo 1.

Disposición derradeira primeira. A Consellería do Medio Rural, a través da Secretaría Xeral Técnica, realizará os trámites necesarios para a efectividade desta orde.

Disposición derradeira segunda. Esta orde producirá efectos o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Contra a presente orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, conforme o artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e poderase requirir previamente que se anule ou revogue o acto, de conformidade co artigo 44 da Lei 29/1998.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2017

Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira do Medio Rural