Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 6 de novembro de 2017 Páx. 51132

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 2017, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se autorizan centros educativos para impartir o bacharelato de especialización en idiomas (PluriBach), para o curso 2017/18.

De conformidade co establecido no artigo 16 da Resolución desta dirección xeral, do 1 de xuño de 2017, pola que se regula o bacharelato de especialización en idiomas (Pluribach), para o curso 2017/18, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Autorizar os centros que se relacionan no anexo desta resolución para impartir o programa Pluribach, bacharelato de especialización en idiomas.

Segundo. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. De non considerar oportuna a interposición do citado recurso, poderán formular directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme se establece na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2017

Manuel Corredoira López
Director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

ANEXO
Centros autorizados

Cód. do centro

Nome do centro

15026731

IES Campo de San Alberto

32008513

CPR Plurilingüe Santa Teresa de Jesús

32008525

CPR Plurilingüe Divina Pastora

32008941

IES Eduardo Blanco Amor