Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Xoves, 2 de novembro de 2017 Páx. 50731

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ORDE do 16 de outubro de 2017 pola que se procede ao nomeamento de membros do Consello Galego de Cooperativas.

O Decreto 25/2001, do 18 de xaneiro, polo que se regulan a organización e o funcionamento do Consello Galego de Cooperativas, en desenvolvemento das previsións contidas na súa norma de creación, a Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, regula no seu artigo 4 a composición do consello, no artigo 5 o procedemento de nomeamento e cesamento dos seus membros, e no artigo 6 a duración do mandato e substitucións.

En virtude destes artigos, o Consello Galego de Cooperativas está composto polos seguintes membros:

– Unha presidencia que, en virtude da actual distribución competencial, recae na persoa titular da Consellería de Economía, Emprego e Industria, que o será en virtude do seu cargo.

– A persoa titular da Secretaría Xeral de Emprego, igualmente en razón do seu cargo.

– Os seguintes membros, así como os correspondentes suplentes, que serán nomeados pola persoa titular da consellería: catro persoas en representación das consellerías competentes en materia de agricultura, pesca, emprego e educación, por proposta das persoas titulares das distintas consellerías; unha persoa en representación dos concellos de Galicia, por proposta da Federación Galega de Municipios e Provincias; unha persoa en representación das universidades galegas, por proposta do Consello Universitario de Galicia; unha persoa en representación das cooperativas de crédito galegas, por acordo das cooperativas de crédito inscritas no Rexistro de Cooperativas de Galicia e con actividade acreditada; sete representantes das cooperativas galegas, propostos polas unións, federacións ou confederacións en que aquelas se integren, legalmente constituídas, con actividade acreditada, e debidamente inscritas no Rexistro Central de Cooperativas de Galicia; e finalmente, unha secretaría, por proposta da Secretaría Xeral de Emprego.

A aprobación do Decreto 146/2016, do 13 de novembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, motivou a necesidade de renovar os representantes das distintas consellerías no Consello Galego de Cooperativas; así mesmo, a renovación de cargos na Federación Galega de Municipios e Provincias, nas universidades galegas e nas cooperativas de crédito galegas supón a necesidade de renovar os representantes destes organismos no citado consello.

Tamén se fai necesario actualizar a composición dos representantes das asociacións de cooperativas galegas, en función das súa representatividade, segundo os datos que constan no Rexistro Central de Cooperativas e logo de instruído o procedemento correspondente para a súa determinación.

E finalmente, os cambios producidos na unidade administrativa con competencias en materia de cooperativas fan necesario substituír a persoa titular da secretaría do Consello.

A relevancia da renovación que agora se produce, que afecta boa parte dos seus membros aconsella, en prol dunha maior claridade, proceder ao nomeamento simultáneo de todos os membros, agás os que o son en función do seu cargo, o que require do cesamento conxunto dos actuais titulares e suplentes.

En consecuencia, en virtude das facultades que me confire o artigo 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta de Galicia e da súa Presidencia, e o artigo da 5 do Decreto 25/2001, do 18 de xaneiro, polo que se regulan a organización e o funcionamento do Consello Galego de Cooperativas,

RESOLVO:

Primeiro

Cesar todos os membros actuais, titulares e suplentes, do Consello Galego de Cooperativas, agás os que o son por razón do seu cargo.

Segundo

Nomear como vogais do Consello Galego de Cooperativas as persoas que se sinalan:

1. En representación das consellerías que se indican e por proposta delas:

a) Pola Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Titular: Alfonso Marnotes González.

Suplente: Alba Paz Boubeta.

b) Pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Titular: José Manuel Pinal Rodríguez.

Suplente: Carlos Carid Fernández.

c) Pola Consellería do Medio Rural.

Titular: Belén María do Campo Piñeiro.

Suplente: Nicasio Daniel Mejuto Martí.

d) Pola Consellería do Mar.

Titular: Susana Rodríguez Carballo.

Suplente: Monserrat Castro Vázquez.

2. En representación dos concellos de Galicia e por proposta da Federación Galega de Municipios e Provincias:

Titular: Miguel Ángel Leis Míguez.

Suplente: María del Mar García Vidal.

3. En representación das universidades galegas e por proposta do Consello Galego de Universidades:

Titular: Javier Bueno Lema.

Suplente: Manuel Fernández Grela.

4. En representación das cooperativas galegas e por proposta das asociacións de cooperativas que se indican:

a) Pola Unión de Cooperativas Asociación Gallega de Cooperativas Agrarias.

Titular primeiro: José Severino Montes Pérez.

Titular segundo: Emilio Rodríguez Felipe.

Titular terceiro: Higinio Mougán Bouzón.

Suplente primeiro: José Manuel López Tellado.

Suplente segundo: Javier Iglesias Sendín.

Suplente terceiro: Alberto Amil Chaves.

b) Pola Unión de Cooperativas Espazocoop.

Titular primeiro: Celso Gándara Carnero.

Titular segundo: Ana Olveira Blanco.

Titular terceiro: María del Mar Pernas Márquez.

Suplente primeiro: Alfonso Diego Fernández Rodríguez.

Suplente segundo: Constantino Gago Conde.

Suplente terceiro: Ramón Rodríguez Padín.

c) Por Ucogatra, Unión de Cooperativas.

Titular: Carlos Laya Vía.

Suplente: Alberto Vila González.

5. En representación das cooperativas de crédito galegas e por proposta da Caixa Rural Galega:

Titular: José Aquilino Rodríguez López.

Suplente: Antonio Mosqueira Rañón.

Terceiro

Nomear, por proposta da Secretaria Xeral de Emprego, como secretaria do Consello Galego de Cooperativas a Sofía Vales Fernández e como secretario suplente a José Ramón Carballeira Freire.

Contra esta orde poderase interpoñer, potestativamente, recurso de reposición ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2017

Francisco Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria