Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Luns, 30 de outubro de 2017 Páx. 50477

III. Outras disposicións

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 17 outubro de 2017 pola que se publica o plan de estudos do máster universitario en Estudos Avanzados en Museos, Arquivos e Bibliotecas.

Logo de obter a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo de informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, así como a autorización da Comunidade Autónoma de Galicia para a súa implantación, e establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 25 de setembro de 2015 (publicado no BOE do 21 de outubro por Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 2 de outubro de 2015), esta reitoría, de conformidade co disposto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, de universidades, na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007,

RESOLVE:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título do máster universitario en Estudos Avanzados en Museos, Arquivos e Bibliotecas pola Universidade da Coruña, que se estrutura segundo consta no anexo.

A Coruña, 17 de outubro de 2017

Julio E. Abalde Alonso
Reitor da Universidade da Coruña

ANEXO
Plan de estudos conducente á obtención do título do máster universitario
en Estudos Avanzados en Museos, Arquivos e Bibliotecas pola Universidade
da Coruña_Código RUCT: 4315202

Estrutura das ensinanzas (Real decreto 1393/2007, anexo I, punto 5.1).

1. Rama de coñecemento á que se adscribe o título: Artes e Humanidades.

2. Distribución do plan de estudos en créditos ECTS, por tipo de materia:

Tipo de materia

Créditos ECTS

Obrigatorias (OB)

24

Optativas (OP)

24*

Prácticas externas (PE)

6

Traballo de fin de máster (TFM)

6

Créditos totais

60

* Os 24 créditos optativos distribúense como se indica a continuación:

– Disciplinas obrigatorias da especialidade elixida (OBE): 12 créditos.

– Disciplinas optativas da especialidade elixida (OPE): 12 créditos.

3. Especialidades:

– Museos.

– Bibliotecas Patrimoniais e Arquivos Históricos.

4. Contido do plan de estudos.

Módulo/especialidade

Disciplina

Créditos ECTS

Carácter

Disciplinas comúns obrigatorias

Historia da Cultura e do Pensamento Europeos

3

OB

Patrimonio Cultural e Museoloxía

6

OB

Patrimonio Bibliográfico Documental e Arquivística

6

OB

Sistema Español de Museos, Arquivos e Bibliotecas

3

OB

Metodoloxía para a Investigación en Humanidades e Documentación

3

OB

Seminarios sobre Tendencias Actuais en Museos, Arquivos e Bibliotecas

3

OB

Especialidade 1: Museos

Historia dos Museos e do Coleccionismo

3

OBE

Museos e Novas Tecnoloxías

3

OBE

Museografía

3

OBE

Organización e Xestión de Museos

3

OBE

Políticas Culturais e Lexislación

3

OPE

Marketing Cultural e da Información

3

OPE

Literatura e Casas Museo

3

OPE

Ética e Deontoloxía Profesional

3

OPE

Territorio Museo e Turismo Cultural: Interpretación do Patrimonio

3

OPE

Espazos Naturais e Ecomuseos

3

OPE

Musealización do Patrimonio Arqueolóxico

3

OPE

Musealización do Medio Ambiente Mariño e a Cultura Pesqueira

3

OPE

Especialidade 2: Bibliotecas Patrimoniais e Arquivos Históricos

Historia dos Arquivos e as Bibliotecas

3

OBE

Arquivos, Bibliotecas e Novas Tecnoloxías

3

OBE

Organización e Xestión de Arquivos Históricos e Bibliotecas Patrimoniais

3

OBE

Paleografía e Diplomática

3

OBE

Políticas Culturais e Lexislación

3

OPE

Marketing Cultural e da Información

3

OPE

Arquivos Municipais e Historia Local

3

OPE

Heráldica e Sixilografía

3

OPE

Proxectos de Dixitalización

3

OPE

Codicoloxía

3

OPE

Historia das Institucións e da Administración

3

OPE

Patrimonio e Documentación Audiovisual

3

OPE

Prácticas externas

Prácticas externas

6

PE

Traballo de fin de máster

Traballo de fin de máster

6

TFM

O alumnado debe elixir unha das dúas especialidades e dentro de cada especialidade debe realizar as disciplinas optativas que son obrigatorias de especialidade (OBE) e elixir 4 das 8 disciplinas optativas que se ofertan (OPE).

Unidade temporal:

A unidade temporal de todas as disciplinas é cuadrimestral e no curso existe un equilibrio de créditos entre o 1º e o 2º cuadrimestre, que deberá ser respectado no caso de producirse unha modificación da organización temporal das disciplinas.

5. Condicións de terminación.

O alumnado, unha vez elixida a especialidade, deberá superar 60 créditos, distribuídos como se indica no punto 2, para obter o título do máster universitario en Estudos Avanzados en Museos, Arquivos e Bibliotecas.