Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Luns, 30 de outubro de 2017 Páx. 50480

III. Outras disposicións

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 2017 pola que se publica o plan de estudos do máster universitario en Discapacidade e Dependencia.

Logo de obter a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, así como a autorización da Comunidade Autónoma de Galicia para a súa implantación, e establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 25 de setembro de 2015 (publicado no BOE do 21 de outubro de 2015 por Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 2 de outubro de 2015), esta Reitoría, de conformidade co disposto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, de universidades, na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007,

RESOLVE:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título do máster universitario en Discapacidade e Dependencia pola Universidade da Coruña, que se estrutura segundo consta no anexo.

A Coruña, 17 de outubro de 2017

Julio E. Abalde Alonso
Reitor da Universidade da Coruña

ANEXO
Plan de estudos conducente á obtención do título do máster universitario
en Discapacidade e Dependencia pola Universidade da Coruña
Código RUCT: 4315466

Estrutura das ensinanzas (Real decreto 1393/2007, anexo I, punto 5.1).

1. Rama de coñecemento á que se adscribe o título: Ciencias da Saúde.

2. Distribución do plan de estudos en créditos ECTS, por tipo de materia:

Tipo de materia

Créditos ECTS

Obrigatorias (OB)

24

Optativas (OP)

30

Traballo fin de máster (TFM)

6

Créditos totais

60

3. Especialidades do título:

– Rehabilitación Funcional na Discapacidade e na Dependencia.

– Intervención Psicolóxica na Discapacidade e na Dependencia.

4. Contido do plan de estudos:

Módulo/Especialidade

Disciplina

Créditos ECTS

Carácter

Unidade temporal

Módulo común

Metodoloxía da Investigación

9

OB

Anual

Ferramentas Multimedia para a Investigación

6

OB

Cuadrimestral

Fundamentos Bioético-Xurídicos da Discapacidade e da Dependencia

4,5

OB

Cuadrimestral

Antropoloxía da Saúde e a Discapacidade

4,5

OB

Cuadrimestral

Especialidade:

Rehabilitación Funcional na Discapacidade e na Dependencia

Tecnoloxía de Apoio ao Discapacitado

6

OP

Cuadrimestral

Enfoque Multidisciplinar da Dor: Neurobioloxía, Dor e Discapacidade, Sistemas de Avaliación, Novos Paradigmas de Estudo e Intervención

6

OP

Cuadrimestral

Rehabilitación Cardiorrespiratoria Avanzada

6

OP

Cuadrimestral

Bases e Principios de Neurociencia e Rehabilitación Neurolóxica

6

OP

Cuadrimestral

Xestión de Recursos Sociosanitarios na Discapacidade e na Dependencia

6

OP

Cuadrimestral

Especialidade: Intervención Psicolóxica na Discapacidade e na Dependencia

Trastornos da Linguaxe Oral e Escrita

6

OP

Cuadrimestral

Atención Temperá

6

OP

Cuadrimestral

Intervención na Demencia

6

OP

Cuadrimestral

Intervención Familiar na Discapacidade

6

OP

Cuadrimestral

Envellecemento Satisfactorio

6

OP

Cuadrimestral

Traballo fin de máster

Traballo fin de máster

6

TFM

Cuadrimestral

O alumnado debe elixir unha das dúas especialidades e realizar obrigatoriamente os 30 créditos dos que consta a especialidade elixida.

5. Condicións de terminación:

O alumnado, unha vez elixida a especialidade, deberá superar 60 créditos ECTS, distribuídos como se indica nos puntos 2 e 4, para obter o título de Máster Universitario en Discapacidade e Dependencia.