Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 27 de outubro de 2017 Páx. 50054

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (959/2016).

María Blanco Aquino, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 959/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Cristina Dopico Vilaboy contra o Fondo de Garantía Salarial e Aptcfruta, S.L. sobre ordinario, se ditou decreto homologando a conciliación, cuxa parte dispositiva di:

«Dispoño aprobar e homologar o convenio transaccional alcanzado entre as partes, constituíndo o presente título executivo.

O incumprimento dalgún dos prazos acordados ou das obrigacións acordadas determinará o fin do aprazamento ou o vencemento da totalidade da obrigación».

E para que sirva de notificación en legal forma a Aptcfruta, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 4 de outubro de 2017

A letrada da Administración de xustiza