Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 27 de outubro de 2017 Páx. 50052

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense

EDICTO (29/2017)

María Dolores Prieto Rascado, letrada da Administración de xustiza, do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense, polo presente edicto, anuncio:

No presente procedemento de xuízo ordinario número 29/2017, seguido por instancia de Abanca Corporación Bancaria, S.A. fronte a Rafael Frade Prado, ditouse sentenza cuxo encabezamento e resolución son os seguintes:

Sentenza.

Ourense, 12 de xuño de 2017

Darío-Carpio Estévez Pérez, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense, ditou a presente sentenza no procedemento civil ordinario 29/2017, no que é parte demandante Abanca, S.A., representada pola procuradora Sra. Sánchez Izquierdo e asistida do letrado Sr. García García (en substitución do Sr. González Blesa), fronte a Rafael Frade Prado, que non contestou nin compareceu á audiencia previa, polo que é declarado en situación de rebeldía procesual, cos seguintes...

Seguen antecedentes de feito.

Seguen antecedentes de dereito.

Resolvo:

Que, aceptando a demanda presentada por Abanca, S.A., representada pola procuradora Sra. Sánchez Izquierdo, fronte a Rafael Frade Prado e, na devandita razón, condénase este último a que lle aboe á demandante a cantidade de 9.290,53 €, máis os xuros do xeito xa indicado.

En canto ás custas, estéase ao acordado igualmente no punto correspondente.

Notifíqueselles esta resolución ás partes facéndolles saber que contra ela cabe interpor recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Ourense, nos termos previstos na LAC na súa nova redacción.

Así o acordo, mando e asino.

E estando o devandito demandado, Rafael Frade Prado, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma a este.

Ourense, 15 de setembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza