Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 27 de outubro de 2017 Páx. 50055

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 87/2017).

Eu, Alberto López Luengo, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 87/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Graciela Campos Fariña contra Juan Carlos Cortes Giuliano, sobre ordinario, se ditou decreto o 4.10.2017, recorrible en revisión no prazo de tres días, o cal se encontra á súa disposición na sede deste xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Juan Carlos Cortes Giuliano, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 4 de outubro de 2017

O letrado da Administración de xustiza