Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 27 de outubro de 2017 Páx. 50090

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 2017, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.A. 143/2017, interposto por María Esther Núñez Castro.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 3 da Coruña o Decreto do 18 de setembro de 2017 pola que se ordena a remisión do expediente e o emprazamento das persoas que puideran resultar afectadas pola resolución do recurso contencioso-administrativo P.A. 143/2017, interposto por María Esther Núñez Castro, contra a desestimación por silencio administrativo do recurso de alzada interposto contra a Resolución do 12 de decembro de 2016, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, convocado pola Orde de 16 de xullo de 2015 (DOG núm. 114, do 18 de xuño).

En consecuencia, e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, notifícase para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos do Xulgado Contencioso-Administrativo número 3 da Coruña no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2017

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública