Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 27 de outubro de 2017 Páx. 50085

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se anuncia a licitación, documentalmente simplificada, das obras de optimización enerxética do novo edificio xudicial de Tui, cofinanciada nun 64 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional Feder no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, eixe EP4, prioridade 4c, polo procedemento aberto, tramitación ordinaria e adxudicación baseada en multicriterios.

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención da documentación e información:

1º. Dependencia: Secretaría Xeral Técnica.

2º. Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano, edificio nº 1, 2º andar.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4º. Teléfono: información de índole técnica: 981 54 47 32/981 54 12 22 e información de índole administrativa 981 54 42 59/981 54 45 17.

5º. Telefax: 981 54 42 39.

6º. Correos electrónicos:

contratacion.vicepresidencia@xunta.gal

emilio.jose.iglesia.lema@xunta.gal

juan.pintos.martinez@xunta.gal

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=211511

8º. Data límite da obtención de documentación e información: a mesma que para a presentación de solicitudes.

d) Número de expediente: 2017-OBRSE 07-MP.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de obras.

b) Descrición: obras de optimización enerxética do novo edificio xudicial de Tui.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Lugar de execución:

1º. Domicilio: praza de Galicia, s/n.

2º. Localidade e código postal: 36700 Tui, 360001 Pontevedra.

e) Prazo de execución: 12 meses contados desde o día seguinte ao da data da acta de comprobación da implantación.

f) Admisión de prórroga: non.

g) CPV: 45000000 e outros máis. Ver cláusula 2.1.6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: os establecidos na cláusula 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: 1.852.884,66 €.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 1.684.440,60 €.

b) Importe total: 2.038.173,12 €.

6. Garantías exixidas.

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 5 % do importe de licitación (IVE excluído).

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: nesta contratación resulta exixible a seguinte clasificación:

Real decreto 773/2015, do 28 de agosto: grupo C, subgrupos 4 e 6, categoría 4.

Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro: grupo C, subgrupos 4 e 6, categoría e.

b) Solvencia económica e financeira para empresarios non españois de Estados membros da Unión Europea: a solvencia económica e financeira xustificarase mediante o volume anual de negocios (artigo 75, número 1.a) do texto refundido da Lei de contratos do sector público), segundo o indicado no contido do número 8.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Solvencia técnica e profesional para empresarios non españois de Estados membros da Unión Europea: a solvencia técnica e profesional deberá acreditarse polo medio establecido no artigo 76, alínea a) do texto refundido da Lei de contratos do sector público, segundo o indicado no contido do número 8.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG e finalizará o vixésimo sexto día natural, ás 14.00 horas, salvo que o último día sexa inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: directamente no lugar indicado na alínea c) deste punto. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama, fax ou burofax o mesmo día. O número de fax é o 981 54 42 39.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: oficina de Rexistro Xeral da Xunta de Galicia no Complexo Administrativo San Caetano.

2º. Domicilio: Complexo Administrativo de San Caetano.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Admisión de variantes: non procede.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data da apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición: a sala onde se vaia realizar indicarase no perfil do contratante unha vez publicado este anuncio.

b) Enderezo: Complexo Administrativo de San Caetano.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Data e hora: o primeiro acto público, apertura do sobre nº 2 «Documentación acreditativa dos criterios non avaliables mediante a aplicación de fórmulas», terá lugar ás 12.00 horas, o décimo día natural seguinte ao da data de finalización do prazo de presentación das proposicións; de coincidir sábado ou inhábil, trasladarase ao primeiro día hábil seguinte.

O lugar, día e hora do segundo acto público «Lectura e avaliación do sobre nº 2» e da apertura do sobre nº 3 «Documentación acreditativa dos criterios avaliables mediante a aplicación de fórmulas», indicaranse oportunamente no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2017

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza