Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 27 de outubro de 2017 Páx. 50091

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 2017, da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, pola que se lle dá publicidade á parte dispositiva da Sentenza do 8 de febreiro de 2017, ditada pola Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Quinta do Tribunal Supremo.

Para xeral coñecemento, de conformidade co disposto nos artigos 72 e 104 e seguintes da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, faise público que a Sección Quinta da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo, do 8 de febreiro de 2017, ditou sentenza no recurso de casación número 1119/2016, rectificada polo auto do Tribunal Supremo do 4 de xullo de 2017 e interposto contra a sentenza pronunciada, do 11 de febreiro de 2016, pola Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no procedemento ordinario 4656/2013, por Isabel Meirama Barral. Esta sentenza, que devén firme, na súa parte dispositiva literalmente di:

«1. Procede o recurso de casación 1119/2016 interposto pola representación procesual de Isabel Meirama Barral contra a Sentenza do 11 de febreiro de 2016, ditada pola Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sección Segunda, no recurso nº 4656/2013, que se casa e anula.

2. Estimar en parte o recurso contencioso-administrativo interposto por Isabel Meirama Barral contra a Orde do 3 de xullo de 2013, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia, pola que se aprobou definitivamente a modificación puntual do Plan xeral de ordenación de Oleiros, no polígono 16 Rúa das Viñas, que anulamos no particular relativo ao itinerario peonil de acceso ao equipamento público EQ-1 do referido polígono.

3. Non facemos expresa imposición sobre as custas deste recurso de casación nin sobre as de instancia».

Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2017

María Encarnación Rivas Díaz
Directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo