Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 26 de outubro de 2017 Páx. 49958

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Paderne de Allariz

ANUNCIO de exposición pública da aprobación inicial da modificación número 1 do Plan xeral de ordenación municipal co obxecto de revisar a delimitación do núcleo rural de Rioseco.

Aprobado inicialmente polo Pleno do Concello do 28 de setembro de 2017 o Proxecto de modificación puntual número 1 do Plan xeral de ordenación municipal de Paderne de Allariz co obxecto de revisar a delimitación do núcleo rural de Rioseco, e de conformidade co artigo 78 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese a información pública polo prazo de dous meses, contados desde a última publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nos dous xornais de maior difusión da provincia de Ourense (La Región e La Voz de Galicia).

Durante o dito prazo poderá ser examinado por calquera interesado/a nas dependencias municipais (Rioseco, nº 7, Paderne de Allariz), en días hábiles, das 9.00 ás 14.00 horas e poderanse presentar as alegacións e suxestións que se consideren pertinentes.

Queda suspendido o outorgamento de licenzas, nos termos establecidos no artigo 86 do Regulamento da Lei do solo de Galicia, naqueles ámbitos do territorio obxecto da modificación do PXOM cuxas novas determinacións supoñan a modificación da ordenación urbanística vixente. A duración da suspensión é de dous anos, aínda que se extinguirá de maneira automática cando se aprobe de maneira definitiva a modificación do PXOM.

Rioseco-Paderne, 5 de outubro de 2017

José Manuel Fernández Gómez
Alcalde