Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 26 de outubro de 2017 Páx. 49959

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO das bases do concurso para a provisión de postos de traballo de segunda actividade vacantes na relación de postos de traballo.

No BOP de Ourense do 27 de setembro de 2017 publicáronse íntegras as bases do concurso para a provisión de postos de traballo de segunda actividade vacantes na relación de postos de traballo da Deputación Provincial de Ourense.

Os postos que se convocan son os seguintes:

– Un (1) posto de ordenanza do Negociado de Réxime Interior.

– Un (1) posto de porteiro do equipo de portaría e limpeza do Centro Cultural Marcos Valcárcel.

– Un (1) posto de operario de almacén do taller de maquinaria.

– Dous (2) postos de sereno do parque móbil e de maquinaria.

As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación durante o prazo dos 15 días naturais seguintes ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOE, en modelo oficial que se facilitará no Negociado de Control e Administración do Servizo de Recursos Humanos. Así mesmo, poderán presentarse na forma que determina o artigo 16 da Lei 39/2015.

A Deputación facilitará copia das bases e modelo oficial de solicitudes nas oficinas do Rexistro Xeral, rúa Progreso, 32 (Ourense), e tamén desde a páxina web www.depourense.es.

Os sucesivos anuncios relativos a esta convocatoria publicaranse exclusivamente no taboleiro provincial de edictos en todo caso, na páxina web www.depourense.es e no BOP de Ourense cando proceda de conformidade coas bases do procedemento.

Publícase isto de conformidade co disposto no artigo 233.3 da Lei 5/1997, de Administración local de Galicia.

Ourense, 29 de setembro de 2017

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense