Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 23 de outubro de 2017 Páx. 49273

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cuntis

ANUNCIO do procedemento de licitación, por procedemento aberto, da subministración para a mellora de depuradoras.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Cuntis.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Obtención de documentación e información:

i. Dependencia: Secretaría.

ii. Domicilio: Praza da Constitución, nº 4.

iii. Localidade: Cuntis CP 36670.

iv. Teléfono: 986 54 80 05.

v. Fax: 986 53 39 95.

vi. Correo electrónico: contratacion@concellodecuntis.es.

vii. Enderezo da internet do perfil do contratante:

https://concellodecuntis.sedelectronica.gal/contractor-profile-list.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato de subministración.

b) Descrición: mellora de depuradoras municipais.

c) Lugar de execución: Concello de Cuntis.

d) Prazo de execución: quince (15) días naturais.

e) Código CPV principal: 42956000-2.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterio de adxudicación: o prezo. Resultará adxudicataria a oferta economicamente máis vantaxosa.

4. Valor estimado do contrato: 24.793,39 euros (excluído o IVE).

5. Garantías:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do prezo de adxudicación (excluído o IVE).

6. Requisitos específicos do contratista:

A. Solvencia económica: volume anual de negocios por importe igual ou superior ao valor estimado do contrato, acreditado mediante a achega do resumo da declaración do IVE presentada en Facenda (modelo 390), correspondente ao último exercicio presentado.

Trátase de que o licitador conte cos medios financeiros adecuados para o exercicio da súa actividade; moi especialmente no que se refire aos compromisos que para a execución do contrato poida contraer con terceiras persoas.

B. Solvencia técnica: poderase acreditar polos seguintes medios: relación das principais subministracións efectuadas durante os cinco últimos anos, indicando o seu importe, datas e destinatario público ou privado destas. As subministracións efectuadas acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados polo órgano competente, cando o destinatario sexa unha entidade do sector público, ou, cando o destinatario sexa un comprador privado, mediante un certificado expedido por este ou, na falta deste certificado, mediante unha declaración do empresario.

Considerarase acreditada a solvencia coa presentación dun certificado acreditativo da subministración de características similares ás do obxecto do contrato.

7. Presentación de ofertas:

a) Prazo de presentación de ofertas: quince (15) días naturais contados desde o día seguinte ao da data da última publicación nun dos boletíns oficiais recollidos no prego (DOG ou BOP).

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada na cláusula 11ª do prego de cláusulas administrativas particulares que rexen a contratación.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada do Concello de Cuntis, sito na praza da Constitución, nº 4, Cuntis, 36670, das 9.00 ás 13.30 horas, de luns a venres.

8. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario os gastos de publicación dos anuncios nos boletíns oficiais, que se publican con carácter urxente.

Cuntis, 17 de outubro de 2017

Manuel Campos Velay
Alcalde