Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 23 de outubro de 2017 Páx. 49272

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Baiona

ANUNCIO de exposición pública do plan especial.

A Xunta de Goberno local desta corporación, en sesión do 14 de setembro de 2017 e logo do remate dun período inicial de exposición de dous meses, acordou consonte o establecido no artigo 75 da Lei 2/2016, do 11 de febreiro, do solo de Galicia, someter o documento do Plan especial, incluídos un resumo executivo, o estudo ambiental estratéxico e un resumo non técnico do estudo ambiental estratéxico redactado pola UTE Pedro González Souto-AL. Luque Aseguinolaza y Asociados, S.L.P. a un novo prazo de exposición ao público durante un mes contado desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Baiona, 21 de setembro de 2017

Ángel Manuel Rodal Almuiña
Alcalde presidente