1. Entidade que adxudica:
Organismo: Concello de Vigo.
Dependencia: Área de Fomento.
Número expediente: 4.838-440
2. Obxecto do contrato: a execución das obras do proxecto de humanización da rúa Marqués de Valterra, fase II.
Lugar de execución: Vigo.
Prazo de execución: 8 meses.
Prórroga: non procede.
3. Tramitación e procedemento:
Tramitación: ordinaria.
Procedemento: aberto.
4. Orzamento base: 719.946,96 euros. IVE que debe soportar a Administración: 151.188,86 euros. Orzamento total: 871.135,82 euros.
5. Garantías exixidas:
a) Provisional: non se exixe.
b) Definitiva: si (5 % do prezo de adxudicación do contrato, excluído o IVE).
c) Complementaria: si, por un importe do 5 % do prezo de adxudicación do contrato, excluído o IVE, cando a oferta adxudicada fose cualificada inicialmente como en presunción de oferta anormal ou desproporcionada, e fose xustificada adecuadamente.
6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante). Teléfono: 986 81 01 48. Fax: 986 22 62 06.
Data límite para solicitar documentación: ata 7 días antes do día de finalización do prazo de presentación de proposicións.
7. Requisitos específicos do contratista:
a) Documentos acreditativos da solvencia económica e financeira: posuír a seguinte clasificación: grupo G (vías e pistas), subgrupo 6 (obras viarias sen cualificación específica), categoría 4.
b) Documentos acreditativos da solvencia técnica e profesional: posuír a seguinte clasificación: grupo G (vías e pistas), subgrupo 6 (obras viarias sen cualificación específica), categoría 4.
8. Presentación de ofertas:
Prazo: rematará aos 26 días seguintes ao da última publicación do presente anuncio no BOP ou no DOG.
Documentación: a exixida nas cláusulas 12 e 13 do prego de condicións administrativas e no punto 7 das FEC.
Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo, praza do Rei, nº 1, 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo.
Admisión de melloras: non.
Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.
9. Apertura das ofertas técnica e económica:
Entidade, domicilio e localidade: véxase o punto 6 do anuncio.
Data e hora: anunciarase no perfil do contratante do Concello de Vigo.
10. Outras informacións: este proxecto é susceptible de ser cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nunha porcentaxe do 80 %, Proxecto Edusi Vigo Vertical. Se finalmente é aceptada a súa proposta vai aparecer na lista pública prevista no artigo 115, número 2, do Regulamento (UE) 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 decembro de 2013.
11. Páxina web para obtención de información: www.vigo.org.
Vigo, 17 de outubro de 2017
O alcalde
P.D. (Decreto e Acordo do 19.6.2015)
David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación