Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 23 de outubro de 2017 Páx. 49227

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 2017 pola que se fai pública a formalización da contratación do servizo de coordinación tecnolóxico especializado para a rede CeMIT en entidades locais (expediente 2017/PA/0024).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo de coordinación, xestión e seguimento dos servizos de administración electrónica coas entidades locais e a rede CeMIT, así como identificar e coordinar liñas de actividade para potenciar o uso dos servizos dixitais, achegamento á cidadanía e identificación de iniciativas novedosas no ámbito da relación coa cidadanía.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, DOUE e BOE.

e) Data de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 19.4.2017.

DOUE: 14.4.2017.

BOE: 25.4.2017.

3. Tramitación e procedemento.

a) Procedemento: aberto, harmonizado.

b) Tramitación: ordinaria, documentalmente simplificada.

4. Valor estimado do contrato: 1.346.400,00 € (IVE excluído).

5. Orzamento base de licitación.

O orzamento máximo autorizado é de 673.200,00 €, máis 141.372,00 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 814.572,00 €.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 8.8.2017.

b) Data de formalización do contrato: 28.9.2017.

c) Contratista: Everis Spain, S.L.U.

d) Importe de adxudicación: 692.349,96 € (IVE incluído).

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2017

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia