Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 23 de outubro de 2017 Páx. 49229

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 2017 pola que se anuncia a licitación, suxeita a regulación harmonizada, documentalmente simplificada, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, do servizo de desenvolvemento, evolución e implantación de novas funcionalidades no sistema de xestión de arquivos físicos e integración con Galiciana, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (expediente 2017/PA/0082).

missing image file

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.

c) Número de expediente: 2017/PA/0082.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: son o obxecto desta contratación os servizos de:

• Desenvolvemento do novo sistema de xestión de arquivo físico da Xunta de Galicia e arquivos dependentes, integrado con Galiciana.

• Desenvolvemento dun novo sistema de xestión de arquivos físicos para a súa utilización por parte dos arquivos das entidades locais ou outras administracións.

• Desenvolvemento de novas funcionalidades do sistema de xestión de arquivos físicos e pezas de convicción da Administración de xustiza.

• Apoio á posta en marcha, implantación, evolución e soporte especializado dos sistemas indicados.

b) División por lotes e número: non.

c) Prazo e lugar de entrega: o prazo de execución para a prestación do servizo obxecto do presente contrato será de 12 meses contados a partir do 1.11.2017. Se a data de formalización do contrato é posterior a esta última, o prazo de execución de 12 meses computarase desde a data de formalización do contrato.

d) Admisión de prórroga: si.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto harmonizado.

4. Valor estimado: 564.896,00 € (sen IVE).

5. Orzamento de licitación: o orzamento máximo autorizado é de 303.600,00 €, máis 63.756,00 €, que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 367.356,00 €, que se distribúe nas seguintes anualidades:

2017: 13.934,00 € máis IVE (2.926,14 €) = 16.860,14 €.

2018: 289.666,00 € máis IVE (60.829,86 €) = 350.495,86 €.

O 45 % do importe do contrato será financiado nun 80 % co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder).

Obxectivo temático 2: mellorar o uso e a calidade das TIC e o acceso a estas.

Prioridade do investimento 2.3: reforzo das aplicacións das TIC para a Administración electrónica, a aprendizaxe electrónica, a inclusión electrónica, a cultura electrónica e a sanidade electrónica.

Obxectivo específico 2.3.1: promover os servizos públicos dixitais, a alfabetización dixital, a e-aprendizaxe, a e-inclusión e a e-saúde.

6. Garantía provisional: non se exixe.

7. Obtención da documentación e da información:

a) Entidade: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Enderezo: Monte Gaiás, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: 981 54 52 86.

e) Fax: 981 54 52 74.

f) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=213470

g) Data límite de obtención de documentos e da información: ata o último día de presentación das proposicións.

8. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia e clasificación: véxase a epígrafe N) do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión de proposicións rematará o día 27.11.2017, de acordo co establecido no artigo 159 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

b) Documentación que deberá presentarse: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

• Entidade: Rexistro da Amtega.

• Enderezo: Edificio Cinc, Monte Gaiás, s/n.

• Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Cando a proposición se envíe por correo, deberá cumprirse o establecido no número 11 das disposicións xerais do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

10. Apertura das ofertas: o lugar, día e hora de apertura da documentación relativa aos sobres B e C indicarase no perfil do contratante.

11. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación: os sinalados na epígrafe K da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

13. Data de envío do anuncio de licitación ao DOUE: 17.10.2017.

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2017

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia