Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 23 de outubro de 2017 Páx. 49224

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 2017 pola que se fai público o cofinanciamento de obras hidráulicas nun 75 % pola Unión Europea a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) Galicia 2014-2020.

missing image file

De conformidade coa normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos, procédese a dar publicidade ao cofinanciamento europeo, para os efectos do cumprimento da obriga de información e publicidade establecida na regulación europea sobre os fondos e, en xeral, do disposto na demais normativa que resulte de aplicación na materia e ao abeiro do previsto na Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia, e no Decreto 32/2012, do 12 de xaneiro, polo que se aproba o estatuto da entidade pública Augas de Galicia, das seguintes actuacións:

1. Entidade adxudicadora:

Organismo: Augas de Galicia.

Dependencia que tramita o expediente: Contratación.

Tipo de contrato: obra.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: contrato menor.

Vantaxe da oferta seleccionada: proposición economicamente máis vantaxosa por ser a de prezo máis baixo con base na aplicación do único criterio de valoración (prezo).

2. Obxecto do contrato:

a) Título: captación e impulsión de augas no concello de Aranga, Aranga (A Coruña).

Clave do expediente: M.16019.

CPV (referencia de nomenclatura): 45232150-8.

Orzamento base. Importe neto: 49.973,85 euros. Importe total: 60.468,36 euros.

Prazo de execución: 4 meses.

Importe da oferta. Importe neto: 47.475,00 euros. Importe total: 57.444,75 euros.

Empresa: José No Mantiñán e Hijos Construcciones, S.A.

b) Título: mellora na estación depuradora de augas residuais da Guarda, A Guarda (Pontevedra).

Clave do expediente: M.16025.

CPV (referencia de nomenclatura): 45259000-7.

Orzamento base. Importe neto: 49.980,00 euros. Importe total: 60.475,80 euros.

Prazo de execución: 3 meses.

Importe da oferta. Importe neto: 47.980,80 euros. Importe total: 58.056,77 euros.

Empresa: Demain Obras y Servicios, S.L.

c) Título: mellora na estación de bombeo de augas residuais do Río e instalacións de estacións de bombeo de augas residuais do concello de Moraña, Moraña (Pontevedra).

Clave do expediente: M.16026.

CPV (referencia de nomenclatura): 45232431-2.

Orzamento base. Importe neto: 49.585,08 euros. Importe total: 59.997,95 euros.

Prazo de execución: 2 meses.

Importe da oferta. Importe neto: 40.758,94 euros. Importe total: 49.318,32 euros.

Empresa: Canalizaciones y Construcciones Salnés, S.L.

3. Cofinanciamento da Unión Europea:

As actuacións referidas no punto 2) cofinanciarase pola Unión Europea a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) nun 75 % do gasto elixible, no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) Galicia 2014-2020. O 25 % restante do gasto elixible será cofinanciado por Augas de Galicia nun 17,50 % e polo Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente nun 7,50 %.

As actuacións enmárcanse dentro do Programa de desenvolvemento rural na medida  7 (servizos básicos e renovación de poboacións en zonas rurais) submedida 7.2 (apoio aos investimentos na creación, mellora ou ampliación de todo tipo de pequenas infraestruturas, incluídos os investimentos en enerxías renovables e aforro de enerxía) prioridade 6 de desenvolvemento rural (fomentar a inclusión social, a redución da pobreza e o desenvolvemento económico nas zonas rurais; Europa inviste no rural).

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2017

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Roberto Rodríguez Martínez
Director de Augas de Galicia