Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 19 de outubro de 2017 Páx. 48826

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (82/2015).

SSS Seguridade Social 82/2015

Demandante: Guadalupe Amorín Fernández

Avogada: Ángeles Cancela Regueiro

Demandados: Obradoiro de Socioloxía, S.L., Meydemo, S.L., Araldi, S.L., Mutua Universal

Avogada: Carlota Peláez Sabell

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento Seguridade Social 82/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Guadalupe Amorín Fernández contra Obradoiro de Socioloxía, S.L., Meydemo, S.L., Araldi, S.L., e Mutua Universal sobre Seguridade Social, se ditou a seguinte resolución:

«Acordo suspender o acto de xuízo sinalado para o día 28.9.2017, sinalándose novamente para o 4.1.2018, ás 10.05 horas, debendo citarse as partes, expedindo as oportunas cédulas de citación coas advertencias legais e, de ser o caso, as cédulas de citación e oficios necesarios para a práctica no acto de xuízo das probas propostas.

Así mesmo, acordo ter por ampliada a demanda contra o INSS e, na súa consecuencia, cíteselle remitindo copia da demanda presentada e do resto de documentos, advertindo ás partes o disposto nos artigos 82.2 e 83 LXS.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados, e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin, producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas ata tanto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición a interpoñer ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén aquela, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A letrada da Administración de xustiza»

E para que sirva de notificación en legal forma a Obradoiro de Socioloxía, S.L., Meydemo, S.L., e Araldi, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Boletín Oficial correspondente.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 27 de setembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza