Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 19 de outubro de 2017 Páx. 48825

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (317/2015).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 317/2015 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Óscar Antonio Martínez Diéguez contra Pernas y López, S.L., Gestión Administrativa y Tramitación de Sanciones, S.L., Fondo de Garantía Salarial se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se achega:

«Que estimando integramente a demanda interposta por Óscar Antonio Martínez Diéguez, contra Pernas y López, S.L., e contra Gestión Administrativa y Tramitación de Sanciones, S.L., debo condenar e condeno as mercantís demandadas, de forma solidaria, a aboarlle ao demandante a suma de 10.961,21 euros polos conceptos indicados no feito probado oitavo desta sentenza, incrementada cos xuros previstos no artigo 29.3 do ET desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da LEC a partir da presente resolución.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa non ten lugar a súa condena nesta instancia, debendo estarse ao que resulte conforme a aplicación do artigo 33 do ET.

Notifíquese ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte a esta cabe recurso de suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contado desde o seguinte ao da súa notificación».

E para que sirva de notificación en legal forma a Pernas y López, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente cédula para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de decreto, auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza