Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 19 de outubro de 2017 Páx. 48887

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

CÉDULA do 27 de setembro de 2017, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se fai pública a notificación da resolución do expediente tramitado por esta entidade (expediente 2010/293-5).

De conformidade coa disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle a través do Boletín Oficial del Estado, á persoa que a continuación se indica, a resolución do expediente administrativo instruído de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil, por ignorarse o lugar de notificación.

O correspondente expediente consta no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, da Xefatura Territorial en Vigo, da Consellería de Política Social, na rúa Concepción Arenal, nº 8, 1º andar, 36201 Vigo, onde poderá comparecer a persoa interesada para o coñecemento do contido íntegro da resolución, de luns a venres laborais, das 9.00 ás 14.00 horas, no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da publicación da presente cédula no Boletín Oficial del Estado, advertíndolle que, de non facelo, se terá por notificado.

Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso ante o Xulgado de Primeira Instancia de Vigo que por quenda corresponda, no prazo de dous meses, sen necesidade de reclamación administrativa previa de conformidade co disposto no artigo 780 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

Vigo, 27 de setembro de 2017

Marta Iglesias Bueno
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nº expediente: 2010/293-5.

Interesada: Silvia Urcera Caneda.

DNI/NIE: descoñecido.

Acto que se notifica: resolución administrativa do 30 de agosto de 2017.

Efectos xurídicos que produce a resolución: mantemento de medidas administrativas e incorporación de novas medidas.