Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 19 de outubro de 2017 Páx. 48885

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 29 de setembro de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2017014AL-LU, por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 5 de setembro de 2017, o conselleiro de Sanidade ditou a resolución do expediente sancionador 2017014AL-LU, incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Lugo a José Miguel Albelo Vázquez.

Intentada a notificación da resolución segundo o disposto no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e ao non ser posible efectuala, por medio da presente cédula e ao abeiro do disposto no artigo 44 da dita lei, notifícaselle a José Miguel Albelo Vázquez o contido da citada resolución, que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, segundo o disposto nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e no artigo 91 da Lei 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, de conformidade co artigo 46 da referida Lei 29/1998; sen prexuízo de que con carácter previo e potestativo poida presentar recurso de reposición ante o conselleiro de Sanidade, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establecen os artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Lémbraselle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias da xefatura, sita na rúa Montevideo, 9, de Lugo, ou nos servizos centrais na Secretaría Xeral Técnica (Servizo Técnico Xurídico), sita no Edificio Administrativo San Lázaro, en Santiago de Compostela, e a obter, de ser o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 53.1 da citada Lei 39/2015.

En caso de conformidade co contido desta resolución, o aboamento voluntario da sanción poderá facerse no seguinte prazo: 1) as notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte, e 2) as notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte; todo isto mediante o ingreso que poderá efectuar en calquera oficina de Abanca; do BBVA, transacción 1316, NIF S1511001H, do Santander ou http://www.cixtec.es/conselleria, empregando os impresos normalizados que se lle facilitarán nas dependencias desta xefatura territorial ou nos servizos centrais da Consellería de Sanidade. O pagamento voluntario porá fin ao expediente; de non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da xa citada Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Lugo, 29 de setembro de 2017

Mª Begoña Seco Varela
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: 2017014AL-LU.

Interesado: José Miguel Albelo Vázquez.

DNI: 33330166S.

Último enderezo coñecido: rúa Mondoñedo, 35, 2º B, 27004 Lugo.

Feitos imputados: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Preceptos infrinxidos:

– Artigo 17.1 do Regulamento (CE) nº 178/2002 do Parlamento Europeo e do Consello, do 28 de xaneiro, polo que se establecen os principios e requisitos xerais da lexislación alimentaria, se crea a Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria e se fixan procedementos relativos á seguridade alimentaria (DOUE núm. 31, do 1 de febreiro).

– Artigos 6.1 e 6.2 da Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición (BOE núm. 160, do 6 de xullo).

Tipificación: unha infracción moi grave, tipificada no artigo 51.3 parágrafo 2º da Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición (BOE núm. 160, do 6 de xullo) .

Sanción imposta: vinte mil un euros (20.001,00 €).