Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 19 de outubro de 2017 Páx. 48843

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 11 de outubro de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, pola que se anuncia a licitación polo procedemento aberto, tramitación ordinaria, non suxeito a regulación harmonizada, para a contratación da obra de reforma e posta en valor do cantón de San Roque e avenida de Lugo, Camiño de Santiago en Melide.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Subdirección Xeral de Contratación e do Patrimonio.

2º. Domicilio: rúa de San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4º. Teléfono: 881 99 53 85.

5º. Telefax: 881 99 93 26.

6º. Correo electrónico: tramitacion-contractual.cmot@xunta.gal.

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=212314.

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata as 14.00 horas do derradeiro día de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: 28/2017 U.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: obra.

b) Descrición do obxecto: reforma e posta en valor do cantón de San Roque e avenida de Lugo, Camiño de Santiago en Melide (A Coruña).

c) Lugar de execución: punto A do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Prazo de execución: punto 2.4 do prego de cláusulas administrativas particulares e punto D do seu cadro de características.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 45233250-6.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os especificados no número 3.6.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: 330.578,51 €.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 330.578,51 €.

b) Importe total: 400.000,00 €.

6. Garantías exixidas:

Definitiva (5 % do orzamento de licitación, excluído o IVE) 16.528,93 €.

7. Subcontratación: de acordo co establecido no número 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non procede.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a especificada no número 3.3 do prego de cláusulas administrativas particulares e no número I.2 do seu cadro de características.

9. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 26 días naturais contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de presentación coincidir en sábado ou día inhábil, o prazo de presentación rematará o primeiro día hábil seguinte.

b) Modalidade: a sinalada no número 3.4 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Rexistro da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

2. Domicilio: rúa de San Lázaro, s/n.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura de proposicións. O devandito prazo ampliarase en quince días hábiles cando sexa necesario seguir os trámites a que se refire o artigo 152.3 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

10. Apertura de ofertas:

a) Descrición: apertura pública.

b) Enderezo: rúa de San Lázaro, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Data e hora: publicaranse no perfil do contratante a data e hora de apertura dos sobres B e C.

11. Gastos de publicidade: o importe dos gastos de publicidade será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2017

Mª Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente
e Ordenación do Territorio