Faise pública a Resolución do 20 de setembro de 2017 pola que se formula a memoria ambiental correspondente ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica do Plan xeral de ordenación municipal do concello de Ourense, en cumprimento do disposto na devandita resolución.
O proceso de avaliación ambiental estratéxica previsto na Lei 9/2006, do 28 de abril, sobre avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente, está integrado no procedemento de aprobación dos instrumentos de planeamento urbanístico segundo o disposto na Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.
A memoria ambiental pódese consultar no enderezo da internet:
http://cmaot.xunta.gal/busca-por-palabra-clave, introducindo o código 1175/2010.
Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2017
María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático