Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 19 de outubro de 2017 Páx. 48841

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 29 de setembro de 2017, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se notifica a resolución ditada no recurso de alzada interposto en relación co Rexistro de Parellas de Feito de Galicia na provincia da Coruña (expediente AC-2017/00218).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas que se especifican no anexo, a resolución do recurso de alzada interposto contra a resolución recaída no expediente tramitado no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia na provincia da Coruña, por non ser posible a súa notificación por correo certificado.

Para coñecer o contido íntegro da resolución que se sinala no anexo a este anuncio, o interesado poderá comparecer no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias da Dirección Xeral de Xustiza, sita na rúa Madrid, 2-4, 2º, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Este anuncio publícase para que conste e lle sirva de notificación o interesado en cumprimento do disposto no artigo 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Así mesmo, ponse en coñecemento do interesado que a resolución relacionada no anexo esgota a vía administrativa e poderá interpor recurso contencioso-administrativo ante o xulgado contencioso-administrativo correspondente no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, e sen prexuízo de que poida presentar calquera outro recurso que coide conveniente.

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2017

Juan José Martín Álvarez
Director xeral de Xustiza

ANEXO

Nº expediente

Recorrente

Acto notificado

Sentido do acto notificado

AC-2017/00218

Iván Trashorras Junqueira

Resolución do recurso de alzada

Desestimación