Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 18 de outubro de 2017 Páx. 48656

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (68/2017).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos non xudiciais 68/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Dolores Plata Pais contra José Manuel Muíño Sánchez e o Fogasa, se ditou a seguinte resolución:

«Acordo:

a) Declarar o executado José Manuel Muíño Sánchez, en situación de insolvencia parcial por importe de 10.284,85 euros en concepto de principal, máis outros 1.028,67 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan devindicarse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá, para todos os efectos, como provisional.

b) Arquivar as actuacións, logo de anotación, no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se no sucesivo se coñecen novos bens do executado.

c) Unha vez firme a presente resolución, procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS)».

E para que sirva de notificación en legal forma a José Manuel Muíño Sánchez, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción en el Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 27 de setembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza