Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 18 de outubro de 2017 Páx. 48657

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (692/2015).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada no día de hoxe, no proceso seguido por instancia de Ángela Peón Fiuza contra Juan Jesús Banet López de Rego, Verdes Naturales de Galicia, S.L., con citación do Fogasa, en reclamación por ordinario, rexistrado co número de procedemento ordinario 692/2015, se acordou, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, citar a Verdes Naturales de Galicia, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 20 de novembro de 2017 ás 10.30 horas, na planta baixa, sala 1, Edificio Rúa Berlín, para a celebración dos actos de conciliación e, se é o caso, xuízo; poderá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberá acudir con todos os medios de proba de que se intente valer, coa advertencia de que é única convocatoria e que estes actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, poñerá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, con obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, este poida estar representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de se valer no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que sirva de citación a Verdes Naturales de Galicia, S.L., expídese a presente cédula para publicar no Diario Oficial de Galicia e colocar no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Santiago de Compostela, 27 de setembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza