Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 18 de outubro de 2017 Páx. 48655

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO de notificación de auto (83/2017).

PO procedemento ordinario 83/2017

Procedemento orixe: /

Sobre ordinario

Demandantes: Janete Lopes Pimentel

Avogado: Gonzalo Granja Guillán

Demandados: Mont Parnasse, S.L., Paradela Restauración, S.L., Parada da Goulla, S.L., Georgialar, S.L., Fondo de Garantía Salarial Fogasa, Área de Descanso Paradela, S.L.

Avogado/a: letrado do Fogasa

Eu, Alberto López Luengo, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento ordinario 83/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Janete Lopes Pimentel contra a empresa Mont Parnasse, S.L., Paradela Restauración, S.L., Parada da Goulla, S.L., Georgialar, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), Área de Descanso Paradela, S.L., sobre ordinario, foi ditada a resolución que se indica, cuxo texto íntegro está ao dispor do interesado na sede do xulgado:

Auto do 25.9.2017 contra o cal non cabe interpor recurso ningún distinto ao que, se for o caso, se poida interpor contra a resolución aclarada.

E para que sirva de notificación en legal forma a Mont Parnasse, S.L., Paradela Restauración, S.L., Parada da Goulla, S.L., Georgialar, S.L., Área de Descanso Paradela, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 28 de setembro de 2017

O letrado da Administración de xustiza