Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 18 de outubro de 2017 Páx. 48662

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (331/2016).

Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 331/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Clemente Cea Gosenge e Jesús Lata Neira contra Acciona Infraestructuras, S.A., Iniciativas para la Construcción Santiago, S.L. e o Fogasa, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

Sentenza 422/2017

Procedemento ordinario 331/2016

Sobre ordinario

Demandantes: Clemente Cea Gosenge, Jesús Lata Neira

Graduado social: Javier Alvarellos Maceira

Demandados: Fogasa, Acciona Infraestructuras, S.A., Iniciativas para la Construcción Santiago, S.L.

Avogados: letrado do Fogasa, Marta María Farto Carro

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2017.

Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, despois de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co número 331/2016 en que son parte, como demandantes, Clemente Cea Gosenge e Jesús Lata Neira, asistidos polo letrado Sr. Alvarellos Maceira e, como demandados, Acciona Infraestructuras, S.A., asistida pola letrada Sra. Farto Carro, Iniciativas para la Construcción Santiago, S.L., que non comparece malia a súa citación en legal forma, ao igual que o Fogasa (Fondo de Garantía Salarial), citado de oficio, pronunciou esta sentenza, en nome da súa maxestade o rei, con base nos seguintes

Resolución:

Estímase a demanda interposta por Clemente Cea Gosenge e Jesús Lata Neira fronte a Iniciativas para la Construcción Santiago, S.L. e, en consecuencia, condénase a demandada a aboar ao demandante Clemente Cea Gosenge a cantidade de 3.440,84 euros e a Jesús Lata Neira a cantidade de 3.308,98 euros, todo iso sen prexuízo da responsabilidade do Fogasa, se é o caso.

Notifíquese a presente resolución ás partes contra a que cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

É indispensable que, ao tempo de anuncialo, acredite a parte que non teña o carácter de traballador ou habente causa seu ou de beneficiario do réxime público da Seguridade Social ou non goce do beneficio de xustiza gratuíta ter consignado como depósito a cantidade de 300 euros na conta deste xulgado, así como acreditar, ao anunciar o recurso, ter consignado na conta de depósitos e consignacións aberta a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no cal deberá facerse constar a responsabilidade solidaria do avalista.

Están exentos de constituír o depósito e a consignación indicada as persoas e entidades comprendidas no número 4 do artigo 229 da LRXS.

Así o acorda, manda e asina, Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela.

E para que sirva de notificación en legal forma a Iniciativas para la Construcción Santiago, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 27 de setembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza