Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 18 de outubro de 2017 Páx. 48729

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 1 de setembro de 2017, da Zona Sur, polo que se somete a información pública a solicitude, presentada por Depuradora de Moluscos La Sirena, S.L., de concesión administrativa de ocupación dunha parcela do dominio público portuario de Tragove con destino á construción dunha nave almacén e aparcadoiro para uso auxiliar da súa industria (expediente 13-36-15-C1).

Adelina Solla Sanmartín solicita, en nome e representación da entidade Depuradora de Moluscos La Sirena, S.L., a concesión administrativa para a ocupación dunha parcela do porto de Tragove (Cambados) para a construción dunha nave almacén e aparcamento, segundo o proxecto de reforma do proxecto básico de construción dun almacén e aparcamento anexo á depuradora de moluscos, redactado polo enxeñeiro agrónomo Josep Verdaguer I Montanyá en xuño de 2016.

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 85.3 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante (BOE núm. 253, do 20 de outubro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Sur de Portos de Galicia, sitas na rúa Víctor Saíd Armesto 1-1º, 36002 Pontevedra, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Pontevedra, 1 de setembro de 2017

Mateo Ruibal Fernández
Xefe da Zona Sur de Portos de Galicia