Logo de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e de conformidade co disposto nos seus artigos 44 e 46, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para ser notificadas por comparecencia.
O acto adoptouse pola xefa da Área Provincial.
A comparecencia para coñecer o contido íntegro do dito acto deberá efectuarse no prazo de dez días, contado desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, rúa Alcalde Hevia, 7, andar 4º, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Pontevedra, 21 de setembro de 2017
María Martínez Allegue
Xefa da Área Provincial de Pontevedra
ANEXO
Expediente: P-053/14.
Persoa interesada: Mª Carmen Piñeiro Camiña.
DNI: ...143R.
Asunto: requirimento en relación co expediente de construción PO-85/130, conta 23.