Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 18 de outubro de 2017 Páx. 48730

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 29 de setembro de 2017, da Zona Centro, polo que se somete a información pública a tramitación dunha concesión administrativa solicitada por Argires Mouzo Ramos para construción e explotación de cafetaría bar-restaurante no porto de Muxía (expediente 12-31-17-C-1).

Estase a tramitar unha concesión administrativa solicitada por Argires Mouzo Ramos, para construción e explotación de cafetaría bar-restaurante no porto de Muxía, en virtude do anexo ao proxecto básico de edificio de planta baixa para destinar a café bar-restaurante, no porto de Muxía, redactado polo arquitecto F. Ramón García Martínez en xuño de 2017.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 85 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante (BOE núm. 253, do 20 de outubro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Centro, situadas na avenida do Porto, nº 5, 1º, 15006 A Coruña, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está á disposición na web www.portosdegalicia.com

A Coruña, 29 de setembro de 2017

Lorena Solana Barjacoba
Xefa da Zona Centro de Portos de Galicia