Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Martes, 17 de outubro de 2017 Páx. 48516

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (229/2016).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 229/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Miguel de los Ángeles Canedo González contra Iniciativas para la Construcción Santiago, S.L., Acciona Infraestructuras, S.A., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza 419/2017.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2017.

Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, despois de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co número 229/2016 sendo parte neste, como demandante, Miguel de los Ángeles Canedo González, asistido polo letrado Sr. Blanco Lobeiras e, como demandados, Acciona Infraestructuras, S.A., asistida pola letrada Sra. Farto Carro, Inciativas para la Construcción Santiago, S.L., que non comparece malia a súa citación en legal forma, ao igual que o Fogasa (Fondo de Garantía Salarial) citado de oficio, pronunciou esta sentenza, en nome do Rei, con base nos seguintes

Parte dispositiva.

Estímase a demanda interposta por Miguel de los Ángeles Canedo González fronte a Iniciativas para la Construcción Santiago, S.L., e, en consecuencia, condénase a demandada a aboar ao demandante a cantidade de 1.805,13 euros. Desta, á cantidade de 663,85 euros é de aplicación o xuro do 10 % por demora. Todo iso sen prexuízo da responsabilidade do Fogasa, se é o caso.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución non cabe recurso de suplicación.

Así, o acorda, manda e asina, Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela».

E para que sirva de notificación en legal forma a Acciona Infraestructuras, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza