Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Martes, 17 de outubro de 2017 Páx. 48518

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ORDE do 3 de outubro de 2017 pola que se declara deserto o procedemento de alleamento mediante poxa pública duns bens inmobles de titularidade autonómica situados no concello de Lalín.

Mediante Orde do 28 de abril de 2017 da Consellería de Facenda foi autorizado o alleamento mediante poxa pública, duns bens inmobles de titularidade autonómica situados no concello de Lalín.

Logo de publicarse o 1 de xuño de 2017 no Diario Oficial de Galicia número 103 e nun xornal de ampla difusión (La Voz de Galicia do mesmo día) o anuncio do 3 de maio de 2017, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio, de alleamento dos citados bens inmobles, celebrouse o 5 de xullo de 2017 a poxa pública anunciada, co que á vista da acta da mesa de contratación, de conformidade co disposto no artigo 70 do Decreto 50/1989, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei do patrimonio da Comunidade Autónoma galega, e tras a proposta da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio,

DISPOÑO:

Primeiro. Declarar deserta en primeira, segunda e terceira poxa a adxudicación dos seguintes lotes de bens inmobles:

• Lote 1.

– Urbana. Parcela de 8.912,90 m2 situada no polígono industrial de Botos, concello de Lalín, paraxe de Barreiro, lugar da Estación, que linda: norte, río Portos; sur, Jesús Docampo Otero e camiño; leste, vía do ferrocarril; oeste, predio matriz e rúa. Sobre este predio existe a seguinte edificación: nave composta de planta baixa dunha superficie construída de 3.231 m2 e dunha superficie útil de 2.966,35 m2, e planta primeira dunha superficie construída de 60,80 m2 e unha superficie útil de 54,80 m2. Referencia catastral 0107419NH7200N0001RJ. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Lalín no tomo 942, libro 350, folio 164, predio 39.768.

Tipo de licitación primeira poxa: 808.121,63 euros.

Tipo de licitación segunda poxa: 686.903,39 euros.

Tipo de licitación terceira poxa: 565.685,14 euros.

• Lote 2.

1. Parcela situada no polígono industrial de Botos dunha superficie de 1.391 m2 que linda: norte, Industrias González, S.L.; sur, Industrias González, S.L.; leste, Industrias González, S.L.; oeste, Industrias González, S.L. Referencia catastral 0107405NH7200N0001BJ. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Lalín no tomo 907, libro 339, folio 101, predio 44.364.

2. Vivenda situada no polígono industrial de Botos 18, de planta semisoto de 89 m2, planta baixa de 159 m2 e planta baixo cuberta de 86 m2 con terreo unido destinado a monte no cal existe un almacén de 24 m2, asentada sobre unha parcela de 4.928 m2 e unha superficie útil de 159 m2, que linda: norte, Industrias González, S.L.; sur, Industrias González, S.L.; leste, Industrias González, S.L. e ferrocarril; oeste, rúa do polígono de Botos. Referencia catastral 0107403NH7200N0001WJ. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Lalín no tomo 907, libro 339, folio 102, predio 44.365.

3. Inmoble situado en Botos, lugar de Tenza da Pedreira cunha superficie de terreo de 1.052 m2 que linda: norte, Jesús Docampo Otero; sur, Jesús Docampo Otero; leste, pista; oeste, Jesús Docampo Otero. Referencia catastral 0107404NH7200N0001AJ. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Lalín no tomo 850, libro 306, folio 107, predio 41.529.

4. Inmoble situado no polígono de Botos, lugar de Barreiro cunha superficie de terreo de 1.217 m2 que linda: norte, Industrias González, S.L.; sur, Elena Gutiérrez Nogueira e vértice; leste, Industrias González, S.L. e casa vella e predio de Elena Gutiérrez Nogueira e predio matriz de Luciano García Carral e José García Rodríguez; oeste, rúa do polígono. Referencia catastral 0107421NH7200N0001KJ. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Lalín no tomo 918, libro 343, folio 217, predio 44.731.

Tipo de licitación primeira poxa: 224.658,16 euros.

Tipo de licitación segunda poxa: 190.959,44 euros.

Tipo de licitación terceira poxa: 157.260,71 euros.

Segundo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante esta consellería no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses.

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2017

O conselleiro de Facenda
P.D. (Orde do 9.1.2012; DOG nº 9, do 13 de xaneiro)
Mª del Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda