De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase aos herdeiros de Ramón Lapido Nieto a Resolución do 4 de abril de 2017 ditada no expediente sancionador en materia de dominio público hidráulico (expediente DH.D15.49868), pola comisión dunha infracción de carácter leve tipificada no artigo 85.d) da Lei 9/2010, de augas de Galicia.
En cumprimento do artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, o interesado poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza de Camilo Díaz Baliño 7-9, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interpor recurso de alzada ante o presidente de Augas de Galicia, de conformidade co previsto nos artigos 121 e 122 da LPAC, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa comparecencia ou da publicación no Boletín Oficial del Estado.
Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2017
Roberto Rodríguez Martínez
Director de Augas de Galicia