Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 16 de outubro de 2017 Páx. 48335

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 19 de setembro de 2017 polo que se notifica a resolución ditada nun expediente en materia de dominio público hidráulico, devolta polo servizo de Correos por resultar descoñecido a súa destinataria ou ben porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente DH.W15.55887).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións publicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase a Otilia Prieto Bereijo a Resolución do 13 de xullo de 2017 ditada no expediente DH.W15.55887, en materia de dominio público hidráulico.

En cumprimento do artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, a interesada poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro das mencionadas resolucións e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interpor recurso de alzada ante a presidenta de Augas de Galicia, de conformidade co previsto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa comparecencia ou da publicación no Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2017

Roberto Rodríguez Martínez
Director de Augas de Galicia