Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 16 de outubro de 2017 Páx. 48288

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1252/2014).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 1252/2014, por instancia de Javier Iglesias Lamas contra a empresa Alfa Instant, S.A. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, en que se ditou sentenza con data do 19 de setembro de 2017 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolución.

Estímase parcialmente a demanda formulada por Javier Iglesias Lamas fronte á empresa Alfa Instant, S.A., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

Condénase a Alfa Instant, S.A. a aboar a Javier Iglesias Lamas a cantidade de vinte mil novecentos sete euros con vinte e un céntimos (20.907,21 euros).

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Alfa Instant, S.A., expido e asino este edicto.

A Coruña, 25 de setembro de 2017

A secretaria xudicial