Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 16 de outubro de 2017 Páx. 48289

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (261/2015).

María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 261/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ana María González Pasache contra Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A. e Ceres Gestión Empresarial, S.L., sobre ordinario, ditouse sentenza o 20 de setembro de 2017 co número 405/2017, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Vistos por min, Paula Méndez Domínguez, maxistrada do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, os presentes autos de procedemento ordinario número 261/2015, seguidos por instancia de Ana María González Pasache, asistida pola letrada Sra. Erviti Álvarez, contra Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A., que non compareceu ao xuízo oral, e Ceres Gestión Empresarial, S.L., que non compareceu ao xuízo oral, en virtude das facultades que me foron dadas pola Constitución española, dito a presente sentenza, con base nos seguintes»,

«Que, desestimando integramente a demanda interposta por Ana María González Pasache, contra Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A. e contra Ceres Gestión Empresarial, S.L., debo absolver e absolvo as demandadas das peticións deducidas na súa contra.

Notifíquese ás partes a presente resolución, facéndolles saber que fronte a ela cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A. e Ceres Gestión Empresarial, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa fixación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese as destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 22 de setembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza