Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 16 de outubro de 2017 Páx. 48360

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Eirademouros, S. Coop. Galega

ANUNCIO de fusión polo sistema de absorción.

A sociedade cooperativa de traballo asociado Eirademouros, Sociedade Cooperativa Galega, con domicilio social no lugar de Santo André de Camporredondo, Ribadavia (Ourense), e con CIF F32427734, por medio deste anuncio e en cumprimento do artigo 78 da Lei 5/1998, de cooperativas de Galicia, comunica que en asemblea xeral extraordinaria da cooperativa, do 7 de outubro de 2017, se acordou a fusión, por absorción, da cooperativa coa cooperativa agraria Cume do Avia, Sociedade Cooperativa Galega, mediante a transformación desta en cooperativa de explotación comunitaria da terra. Resultou esta última a sociedade absorbente. O cambio de clase de cooperativa implica un cambio no obxecto social que consistirá na xestión dunha explotación vitícola en que se integran os dereitos de uso e aproveitamento de bens susceptibles de explotación agraria cedidos e a prestación de traballo persoal. A cooperativa resultante denominarase Cume do Avia, Sociedade Cooperativa Galega.

Os acredores terán o dereito a oporse nos termos establecidos no artigo 81 da mencionada Lei de cooperativas de Galicia.

Ribadavia, 9 de outubro de 2017

Diego Diéguez Collarte
Presidente