Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 16 de outubro de 2017 Páx. 48359

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Baleira

ANUNCIO de convocatoria para seleccionar dúas/dous auxiliares de axuda no fogar.

O Concello de Baleira convoca concurso-oposición para poder seleccionar dúas/dous auxiliares de axuda no fogar en réxime de persoal laboral a tempo completo na modalidade de contrato indefinido segundo bases aprobadas pola Xunta de Goberno Local na sesión ordinaria do 21 de setembro do 2017.

A convocatoria e as bases atópanse publicadas no Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 227, do 2 de outubro de 2017, no taboleiro de edictos do concello e na páxina web do concello www.concellobaleira.es.

O prazo de presentación de solicitudes, ás cales se deberá achegar a documentación prevista nas bases, será de vinte días naturais, contado desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faránse públicos, na forma prevista nestas, no taboleiro de edictos do concello e na páxina web www.concellobaleira.es.

Baleira, 2 de outubro de 2017

Ángel Enrique Martínez-Puga López
Alcalde