Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 16 de outubro de 2017 Páx. 48361

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Cume do Avia, S. Coop. Galega

ANUNCIO de fusión polo sistema de absorción.

A sociedade cooperativa agraria Cume do Avia, Sociedade Cooperativa Galega, domiciliada no lugar de Santo André de Camporredondo, Ribadavia (Ourense), e con CIF F32337123, por medio deste anuncio e en cumprimento do artigo 78 da Lei 5/1998, de cooperativas de Galicia, comunica que na asemblea xeral extraordinaria da cooperativa, do 7 de outubro de 2017, se acordou a fusión, por absorción, da sociedade cooperativa de traballo asociado Eirademouros, Sociedade Cooperativa Galega. Resultou esta última a sociedade absorbida, e acordouse a continuación a transformación da cooperativa absorbente nunha cooperativa de explotación comunitaria da terra que implica o cambio do obxecto social que consistirá na xestión dunha explotación vitícola en que se integran os dereitos de uso e aproveitamento de bens susceptibles de explotación agraria cedidos e a prestación de traballo persoal. A cooperativa resultante denominarase Cume do Avia, Sociedade Cooperativa Galega.

Os acredores terán o dereito a oporse nos termos establecidos no artigo 81 da mecionada Lei de cooperativas de Galicia.

Ribadavia, 9 de outubro de 2017

Álvaro Diéguez Collarte
Presidente