Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Venres, 13 de outubro de 2017 Páx. 48167

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Illa de Arousa

ANUNCIO de corrección de erros do Plan xeral de ordenación municipal.

O Pleno do Concello da Illa de Arousa do 27 de setembro de 2017, de acordo co establecido no artigo 109 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, acordou a aprobación da rectificación do erro observado na ficha individual número 5 do Catálogo de bens do Plan xeral de ordenación municipal, aprobado mediante Acordo do Pleno do 14 de febreiro de 2002 e publicado no Diario Oficial de Galicia nº 42, do 27 de febreiro de 2002 e no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra nº 47, do 7 de marzo de 2002, co seguinte contido:

Obras permitidas:

– Conservación: si

– Reestruturación: si

– Restauración: si

– Adición de planta:

– Consolidación: si

– Rehabilitación:

O que se fai público para os efectos oportunos.

A Illa de Arousa, 28 de setembro de 2017

Carlos Iglesias Cores
Alcalde presidente