Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Venres, 13 de outubro de 2017 Páx. 48168

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ordes

ANUNCIO de contratación, mediante procedemento aberto, para a subministración, instalación, xestión e explotación dos minipuntos limpos do municipio.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Ordes. Expediente: 06/C/17. Rúa Alfonso Senra, 108, 15680 Ordes. Teléfono: 981 68 00 02. Telefax: 981 68 22 21. Perfil do contratante: http://concello.ordes.gal/perfil-do-contratante.

2. Obxecto do contrato: subministración, instalación, xestión e explotación do servizo denominado minipuntos limpos no municipio de Ordes. Canon (importe mínimo): 250,00 euros/ano.

Duración: catro anos contado a partir da data de formalización do correspondente contrato, podendo prorrogarse anualmente até un máximo de seis anos (prórrogas incluídas).Garantía definitiva: 1.925,30 euros. CPV (referencia de nomenclatura): 90500000-2.

3. Tramitación e procedemento: ordinaria, procedemento aberto.

4. Presentación de ofertas. Data límite de presentación: dentro do prazo dos quince (15) días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación do último anuncio no BOP ou DOG. Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula 12 (Proposicións. Documentación) do prego de cláusulas administrativas particulares. Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Ordes (rúa Alfonso Senra, 108, 15680 Ordes).

5. Apertura de ofertas: publicarase no perfil do contratante.

Ordes, 28 de setembro de 2017

José Luis Martínez Sanjurjo
Alcalde presidente