Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Venres, 13 de outubro de 2017 Páx. 48164

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Crecente

ANUNCIO da contratación, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, do servizo de axuda no fogar (expediente 196/2017).

1. Entidade adxudicadora:

Datos xerais e datos para a obtención de información:

a) Organismo: Concello de Crecente.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Obtención de documentación e información:

– Enderezo: Secretaría, Casa do Concello, rúa Solís Ruiz, 5, 36420 Crecente.

– Teléfono: 986 66 63 00.

– Telefax: 986 66 62 51.

– Correo electrónico: urbanismo@concellocrecente.es.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: http:crecente.sedelectronica.gal.

e) Data límite de obtención de documentación e información: o último día de presentación de ofertas.

f) Número de expediente: 196/2017.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: servizo consistente na prestación do servizo de axuda no fogar do Concello de Crecente.

c) División por lotes e número de lotes/unidades: non.

d) Lugar de execución: concello de Crecente.

e) Prazo de execución: 2 anos.

f ) Admisión de prórroga: si, 2 anos máis.

g) CPV (referencia de nomenclatura) Regulamento (CE) nº 2195/2002, modificado polo Regulamento CE núm. 213/2008: 85310000-5 (servizos de asistencia social) e a codificación correspondente da nomenclatura da clasificación de actividades económicas (CNAE) é a 88.1 (servizos sociais sen aloxamento para persoas maiores con discapacidade).

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto (non SARA).

c) Criterios de adxudicación:

– Criterios avaliables mediante fórmulas: prezo ofertado á baixa e servizos complementarios ofertados sen custo a maiores dos previstos nos pregos.

– Criterios avaliables mediante xuízos de valor: organización e proxecto técnico de desenvolvemento servizo; organigrama; adecuación á realidade social, económica e xeográfica do Concello de Crecente; recursos materiais; plan de formación continua para o persoal; e plan de calidade/sistema de avaliación.

4. Orzamento de licitación:

348.875,20 €/dous anos.

5. Garantías exixidas:

– Ao abeiro do disposto no artigo 103 do TRLCSP, non resulta exixible a prestación de garantía provisional.

– Garantía definitiva: o licitador que formule a oferta economicamente máis vantaxosa deberá constituír á disposición do órgano de contratación unha garantía dun 5 por 100 do prezo de adxudicación do contrato, excluído o imposto sobre o valor engadido, en calquera das formas establecidas no artigo 96 do TRLCSP.

6. Requisitos específicos do contratista:

Vid PCAP.

7. Presentación de ofertas:

a) Prazo de presentación: 15 días naturais contándose desde o día seguinte ao da publicación do último anuncio de licitación.

b) Modalidade de presentación: 3 sobres pechados (sobres A, B e C). Vid PCAP.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Crecente, rúa Solís Ruiz, 5, 36420 Crecente (Pontevedra).

8. Apertura de ofertas:

a) Lugar de apertura: Concello de Crecente, rúa Solís Ruiz, 5, 36420 Crecente (Pontevedra).

b) Data e hora: fixarase no momento en que se proceda no terceiro día hábil non sábado, seguinte ao de finalización do prazo para presentar proposicións. Vid PCAP.

9. Gastos de publicidade:

Por conta do adxudicatario, ata un máximo de 500 euros.

10. Outras informacións:

Vid PCAP.

Crecente, 3 de outubro de 2017

Julio César García Luengo
Alcalde