Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Mércores, 11 de outubro de 2017 Páx. 47941

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 5 de outubro de 2017 pola que se anuncia procedemento aberto, mediante tramitación ordinaria, para contratar o servizo de realización dun informe de auditoría e memorando de recomendacións das contas anuais dos anos 2017 e 2018 (expediente 325/17).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

c) Obtención de documentación e información:

– Dependencia: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

– Enderezo: Edificio de Xerencia, Servizos Centrais, Campus As Lagoas, Marcosende.

– Localidade e código postal: Vigo 36310.

– Teléfono: 986 81 35 51.

– Telefax: 986 81 38 57.

– Correo electrónico: xscont@uvigo.es

– Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.tablon2.uvigo.es/index.asp?idm_abr=ga

– Data límite de obtención de documentación e información: ata o día de remate do prazo de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: 325/17.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: realización dun informe de auditoría e memorando de recomendacións das contas anuais da Universidade de Vigo, dos anos 2017 e 2018.

c) División por lotes e número de lotes/unidades: non procede.

d) Lugar de execución/entrega: Universidade de Vigo.

e) Prazo de execución: 2 anos comprensivos das auditorías dos exercicios 2017 e 2018, prorrogables anualmente por un máximo de dous anos (auditorías dos exercicios económicos 2019 e 2020).

f) Admisión de prórroga: si.

g) CPV: 79212000-3: servizos de auditoría.

h) CPA: 69.20.10: servizos de auditoría financeira.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación:

– Oferta económica: 73 puntos.

– Calidade técnica do servizo: 23 puntos.

– Melloras nos prezos de traballos de revisión de contas: 4 puntos.

4. Importe de licitación: 69.421,49 euros.

5. Gasto máximo autorizado: 84.000 euros (IVE incluído).

6. Valor estimado do contrato: 146.127,98 euros.

7. Garantías exixidas:

– Provisional: non se exixe.

– Definitiva: 5 % do importe de adxudicación excluído o IVE.

8. Requisitos específicos do contratista:

i) Solvencia económica financeira e solvencia técnica e profesional: as que se indican, respectivamente, nos puntos 11 e 12 da folla de resumo de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

ii) Outros requisitos específicos: os indicados no punto 13 da folla de resumo de características do prego de cláusulas administrativas particulares (Inscrición no Rexistro Oficial de Auditores de Contas ROAC).

9. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: o décimo quinto día natural seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, ata as 14.00 horas.

b) Modalidade de presentación de ofertas: papel, tres sobres A, B e C.

c) Lugar de presentación:

– Dependencia: Rexistro Xeral da Universidade de Vigo.

– Enderezo: Edificio de Xerencia, Servizos Centrais, planta baixa, praza de Erasmo, s/n, Campus As Lagoas, Marcosende.

– Localidade e código postal: Vigo 36310.

– Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses.

10. Apertura de ofertas:

a) Descrición: sesión pública para os sobres B e C na sala de xuntas de Xerencia da Universidade de Vigo.

b) Enderezo: Edificio de Xerencia e Servizos Centrais, 2º andar, praza de Erasmo, s/n, Campus As Lagoas, Marcosende.

c) Localidade e código postal: Vigo 36310.

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratante da Universidade de Vigo.

11. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario. Aproximadamente: 1.400 euros.

Vigo, 5 de outubro de 2017

O reitor da Universidade de Vigo
P.D. (Resolución do 29.6.2017; DOG do 10 de xullo)
Manuel Fernández Jáuregui
Xerente da Universidade de Vigo