Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Mércores, 11 de outubro de 2017 Páx. 47945

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 5 de outubro de 2017 pola que se anuncia procedemento aberto, mediante tramitación ordinaria, para a contratación da obra de adecuación de local para zooteca, litoteca e herbario no Campus de Vigo (expediente 403/17).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

c) Obtención de documentación e información:

• Dependencia: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

• Enderezo: Edificio de Xerencia-Servizos Centrais-Campus As Lagoas-Marcosende.

• Localidade e código postal: 36310 Vigo.

• Teléfono: 986 81 35 51.

• Telefax: 986 81 38 57.

• Correo electrónico: xscont@uvigo.es

• Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.tablon2.uvigo.es/index.asp?idm_abr=ga

• Data límite de obtención de documentación e información: ata o día de remate do prazo de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: 403/17.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: obras.

b) Descrición: adecuación de local para zooteca, litoteca e herbario no Campus de Vigo.

c) División por lotes e número de lotes/unidades: non procede.

d) Lugar de execución/entrega: Campus de Vigo.

e) Prazo de execución: 6 meses.

f) Admisión de prórroga: non procede.

g) C.P.V.: 45214400-6: traballos de construción de edificios de investigación. 45453000-7: traballos de reacondicionamento.

h) C.P.A.: F-Construcións e traballos de construción. 41.00.20: edificios non residenciais. 41.00.40: traballos xerais de construción edificios non residenciais.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación:

• Redución importe de licitación: 51 puntos.

• Calidade técnica da oferta respecto da execución da obra: 49 puntos.

4. Importe de licitación: 408.697,23 euros. IVE: 85.826,42 euros. Importe total: 494.523,65 euros.

5. Valor estimado do contrato: 408.697,23 euros.

6. Garantías exixidas.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

c) Adicional: 5 % se a oferta do adxudicatario incorrese en baixa anormal ou desproporcionada.

7. Requisitos específicos do contratista:

Para as empresas estranxeiras e as españolas que non acrediten a clasificación:

a) Solvencia económico-financeira e solvencia técnica e profesional: as que se indican, respectivamente, nos puntos 11 e 12 da folla de resumo de características.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: o vixésimo sexto día natural seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG.

b) Modalidade de presentación de ofertas: papel, tres sobres A, B e C.

c) Lugar de presentación:

• Dependencia: Rexistro Xeral da Universidade de Vigo.

• Enderezo: Edificio de Xerencia-Servizos Centrais, planta baixa. Praza de Erasmo, s/n. Campus As Lagoas-Marcosende.

• Localidade e código postal: Vigo 36310.

• Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición: sesión pública para o sobre C na sala de xuntas de Xerencia da Universidade de Vigo.

b) Enderezo: Edificio de Xerencia e Servizos Centrais, 2º andar. Praza de Erasmo, s/n. Campus As Lagoas-Marcosende.

c) Localidade e código postal: Vigo 36310.

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratante da Universidade de Vigo.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario. Aproximadamente: 1.400 euros.

Vigo, 5 de outubro de 2017

O reitor da Universidade de Vigo
P.D. (Resolución do 29.6.2017, DOG do 10 de xullo)
Manuel Fernández Jáuregui
Xerente da Universidade de Vigo