Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Mércores, 11 de outubro de 2017 Páx. 47940

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 14 de setembro de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto por Mª Violeta Varela Vilas.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 da Coruña tramítase o recurso 156/2017 MJ (procedemento abreviado), interposto por Mª Violeta Varela Vilas contra a resolución da directora xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, do 22 de maio de 2017, pola que se desestima o recurso potestativo de reposición interposto contra a Resolución do 8 de febreiro de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, pola que se publica a orde de prelación e puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario (categoría: grupo auxiliar da función administrativa) (DOG núm. 32, do 15 de febreiro).

A recorrente non está de acordo coa puntuación acadada na epígrafe de formación.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2017

A directora xeral de Recursos Humanos
P.S. (Artigo 18.3 do Decreto 43/2013 e 9.d) da Orde do 5.7.2012)
María Jesús Rúa Moure
Subdirectora xeral de Selección e Políticas de Persoal